Java é unha linaguaxe de programación necesaria para moitas compoñentes e aplicacións que se empregan dentro dun sistema operativo. Unha dos problemáticas qu suceden é a da súa confgiuración dentro dun sistema linux. Unha das primeras cousas a ter en conta é coñecer a versión de Java instalada e activa no teu equipo. Para isto basta con executar, dentro dunha terminal:
java -version
Con este comando aparece en pantalla a versión de Java que tes activa, mediante unha saída como a seguinte:
openjdk 11.0.10 2021-01-19
OpenJDK Runtime Environment (build 11.0.10+9-suse-lp152.2.9.1-x8664)
OpenJDK 64-Bit Server VM (build 11.0.10+9-suse-lp152.2.9.1-x8664, mixed mode)
Poida que a versión de Java activa no teu equipo non sexa a axeitada para as tarefas a desenvolver, polo que pode ser necesario ter que cambiar dita versión. Para ver que outras opcións de Java están dispoñibles e poder activalas, hai que executar nunha terminal o comando:
update-alternatives --config java
Esta operación só pode levala a cabo o superusuario do sistema, polo que serán necesario executar a sentencia como superusuario ou con permisos sudo
. Neste caso concreto, a anterior instrucción dá como resultado a seguinte saída:
There are 3 choices for the alternative java (providing /usr/bin/java).
Selection Path Priority Status
[*] 0 /usr/lib64/jvm/jre-11-openjdk/bin/java 2105 auto mode
1 /usr/lib64/jvm/jre-1.8.0-openjdk/bin/java 1805 manual mode
2 /usr/lib64/jvm/jre-11-openj9/bin/java 2101 manual mode
3 /usr/lib64/jvm/jre-11-openjdk/bin/java 2105 manual mode
Press to keep the current choice[*], or type selection number:
Só temos que seleccionar a versión que máis nos conveña aos nosos intereses. Neste caso a versión que teño instalada e activa é a jre-11-openjdk e vou cambiala pola jre-1.8.0-openjdk. Para elo só teño que seleccionar o número 1 e darlle a «enter». Se agora executo o primeiro comando comentado a saída é:
openjdk version "1.8.0_282"
OpenJDK Runtime Environment (IcedTea 3.18.0) (build 1.8.0_282-b07 suse-lp152.2.9.1-x86_64)
OpenJDK 64-Bit Server VM (build 25.282-b08, mixed mode)
e se executo o segundo comando comentado:
There are 3 choices for the alternative java (providing /usr/bin/java).
Selection Path Priority Status
0 /usr/lib64/jvm/jre-11-openjdk/bin/java 2105 auto mode
[*] 1 /usr/lib64/jvm/jre-1.8.0-openjdk/bin/java 1805 manual mode
2 /usr/lib64/jvm/jre-11-openj9/bin/java 2101 manual mode
3 /usr/lib64/jvm/jre-11-openjdk/bin/java 2105 manual mode
Press to keep the current choice[*], or type selection number:
Unha vez teñamos decidido que versión de Java imos empregar, temos que «activala» exportando a variable PATH
para que sexa detectada polo sistema. Hai que introducir no usuario a variable correspondente mediate, tendo en conta a versión de Java que necesitamos:
export JAVA_HOME=/usr/lib64/jvm/java-1.8.0-openjdk
Unha vez realizada esta operación, para que R detecte correctamente as librerias de Java necesarias, debemos executar o seguinte comando para finalizar a nosa configuración. No caso de ser superusuarios:
R CMD javareconf
No caso de ser usuarios locais só temos que engadir a opción -e
:
R CMD javareconf -e