Conexión ODBC: R e RStudio

No emprego de RStudio como entorno de programación para R, temos á nosa disposición unha opción como é a de gardar as conexións á base de datos coa que traballamos. Neste caso é necesario levar a cabo unha serie de instruccións para lograr acadalo con seguridade. Nun primeiro momento, para que as nosas claves queden gardadas e non sexan visibles a través dos arquivos de conexión do RStudio podemos empregar diferentes métodos de seguridade co noso usuario e clave. Un primeiro paso seria o de gardar o usuario e a clave da base de datos de xeito que non sexa visible, pero tampouco fácilmente editable. Para lograr isto, empregamos dentro de R a libreria keyring. Para lograr isto o que facemos en primeiro lugar é xerar un «servizo» no que gardaremos o noso usuario e clave:

install.packages("keyring")
keyring::key_set(
  service = 'SERVIZO_KEYRING',
  username = 'usuario'
)

Unha vez excutado o código aparacerá un cadro de diálogo que nos permite introducir a nosa clave nese servizo para o usuario. Deste xeito, se chamamos ao servizo podemos leer tanto o usuario como a súa clave sen que apareza no arquivo de R.

Unha vez xerado o servizo para o usuario e clave a empregar podemos crear o conector ODBC. Para elo é necesario empregar sempre a libreria DBI de R dado que é a que permite que quede gravada na memoria de RStudio.

library(DBI)

Imos facer a proba cun conector que non empregue a conexión DSN para elo, dado que en Linux é necesario levar a cabo a configuración previa dos arquivos odbc.ini e freetds.ini que deixaremos para outro artigo. Para xerar o conector executaremos o código seguinte:

ConexionSQL <-
  dbConnect(
    drv = odbc::odbc(),
    Driver = "PSQL",
    Server = "ip_servidor",
    Port = "porto",
    Database = "base de datos",
    Encoding = "UTF-8",
    UID = key_list(service = "SERVIZO_KEYRING")[1,2],
    PWD =
      key_get(
        service = "SERVIZO_KEYRING",
        username = key_list(service = "SERVIZO_KEYRING")[1,2]
      )
    )

Deste xeito aparecerános no panel de Conexións de RStudio unha conexión á que podemos acudir co nome «base de datos». Recordar tamén que a conexión de RStudio vainos permitir observar unha primeira vez todas as base de datos dispñibles, pero en todas elas imos ter a clasificación de esquemas da nosa base de datos de referencia

Publicado en ODBC, R | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Conexión ODBC: R e RStudio

Flatpak: Problemas de sinaturas e de directorio que non existe

Á hora da instalación de algunhas aplicacións en flatpak podemos atoparnos con que o repositorio de orixe non ten correctamente configurados as claves GPG ou ben que non están actualizadas, obtendo unha mensaxe do tipo:

error: GPG signatures found, but none are in trusted keyring"

Neste caso precederemos instalando as aplicacións evitando a clave de seguridade e activandoa cando se atope dispoñible. Para elo levaremos a cabo os seguintes comandos nunha terminal:

flatpak remote-list
flatpak remote-delete winepak
flatpak remote-delete --user winepak
flatpak remote-add --no-gpg-verify --if-not-exists winepak https://dl.winepak.org/repo/winepak.flatpakrepo
sudo flatpak install winepak tld.domain.Application

Recordar que para instalar a aplicación configurado deste xeito flatpak, é necesario instalar como superusuario. Para instalalo de xeito local é necesario configurar o arquivo ~/.local/share/flatpak/repo/config

[remote "winepak"]
url=http://dl.winepak.org/repo/
xa.title=winepak
gpg-verify=false
gpg-verify-summary=false
xa.comment=Flatpak-ing Microsoft Windows applications with Wine
xa.description=Flatpak-ing Microsoft Windows applications with Wine
xa.icon=http://dl.winepak.org/repo/logo.svg
xa.homepage=http://winepak.org/

Outro erro que ás veces se produce na instalación de flatpak é o seguinte:

error: While opening repository /var/lib/flatpak/repo: opendir(objects): No such file or directory

Neste caso, para solucionar o problema sinxelamente hai que borrar o directorio /var/lib/flatpak/repo/ antes de levar a cabo a instalación. Cando se engade un repositorio, as carpetas e arquivos necesarios xa se crean

Publicado en Flatpak, Sistema, Terminal | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Flatpak: Problemas de sinaturas e de directorio que non existe

R: instalación do paquete ‘sf’ e ‘mapview’

Un dos paquetes necesarios para a elaboración de mapas dentro do entorno R, é o paquete ‘sf’. Dito paquete ten unha serie de compoñentes adicionais que é necesario ter preinstalados para poder levar a cabo a súa compilación. Como xa puxemos noutra entrada, é necesarioo paquete gdal. Neste caso imos especificar o necesario para a súa compìlación dentro dun entorno Debian.

Para a instalación do paquete gdal, é necesario instalar os seguintes paquetes:

apt-get install libgdal-dev

Despois da instalación deste paquete, é posible executar a instalación do paquete ‘sf’ dentro dun entorno Debian. Se necestiamos instalar tamén o paquete ‘mapview’, entón son necesarios varios paquetes adicionais:

Fontconfig freetype2

  • deb: libfontconfig1-dev (Debian, Ubuntu, etc)
  • rpm: fontconfig-devel (Fedora, EPEL)

Cairo ou Freetype2:

  • deb: libcairo2-dev (Debian, Ubuntu)
  • rpm: cairo-devel (Fedora, CentOS, RHEL)
Publicado en R, Terminal | Etiquetado , , | Comentarios desactivados en R: instalación do paquete ‘sf’ e ‘mapview’

R: Nomear táboas dentro dun bucle

O problema a solucionar é o seguinte: Temos un grupo de arquivos que temos que importar en formato csv e queremos que, a medida que se importen en R, as táboas se nomeen automáticamente. Deste xeito xeraránse un conxunto de táboas igual que o número de arquivos que queremos importar. Os arquivos csv están dentro da carpeta «Datos», e os ficheiros empregan un separador «;» entre os campos. O código R quedaría como segue:

for(i in list.files('Datos')){
  var <- as.data.frame(read.csv2(file = paste0('Datos', i), sep = ';'))
  nome <- paste0(substr(x = i, start = 1, stop = nchar(i) - 4))
  assign(nome, as.vector(var))
}

Observación: a variable «nome» obtense de xeito que coincide co nome da táboa importada, coa salvedade de que eliminamos a extensión do nome do arquivo. Por este motivo a opción de «nchar(i)-4», é dicir deixamos fora os catro caracteres da dereita do arquivo. Básicamente, a súa extensión máis o punto («.csv»).

Publicado en R | Etiquetado | Comentarios desactivados en R: Nomear táboas dentro dun bucle

Montar imaxes de disco IMA nun sistema Linux

Os sistemas de disco *.IMA soen ser polo xeral imaxes de disquettes que temos gardados. Para poder acceder a eles nun sistema linux levaremos a cabo as seguintes operacións:

sudo mkdir /mnt/floppy
sudo /sbin/losetup /dev/loop0 ./IMAXE.IMA
sudo mount -t vfat /dev/loop0 /mnt/floppy

Con estes sinxelos comandos podemos montar e desmontar no noso sistema Linux unha imaxe IMA de disquette e ver todo o seu contido. Posteriormente, para desmontar a imaxe e volver a montar outra executamos:

sudo /sbin/losetup -d /dev/loop0

https://forums.fedoraforum.org/showthread.php?185346-How-to-deal-with-WinImage-ima-files-in-linux

Publicado en Fedora, Terminal | Etiquetado , | Comentarios desactivados en Montar imaxes de disco IMA nun sistema Linux