Esta entrada recolle un xeito de eliminar rexistros duplicados nunha táboa da vosa base de datos. Supoñamos que por erro se importaron datos dun mes concreto que xa existía nunha base de datos, neste caso o mes de xullo de 2021. O seguinte método amosa como eliminar eses datos duplicados a través da xeración dunha táboa temporal nun motor de base de datos MSSQL. Chamamos á nosa táboa como database.schema.table.
- Seleccionamos cun “WHERE” aqueles datos duplicados e importámolos nunha táboa temporal seleccionando só os elementos diferentes dun “DISTINCT”:
SELECT DISTINCT * INTO #taboaTemporal FROM database.schema.table c WHERE ANO = 2021 AND MES = 'Xullo'
- Eliminamos da táboa de datos o mes duplicado:
DELETE FROM database.schema.table WHERE ANO = 2021 AND MES = 'Xullo'
- Importamos os datos da táboa temporal na nosa táboa de datos:
INSERT INTO database.schema.table SELECT * FROM #taboaTemporal
- Finalmente eliminamos a nosa táboa temporal:
DROP TABLE #taboaTemporal