«Gretl é un software econométrico de libre distribución. Ten unh interfaz gráfica e pode interactuar con R. Inclúe a posibilidade de producir saidas en LaTeX, e tamén permite importar arquivos de diversos formatos: CSV (comma separated values), GNumeric, Excel, Stata, Eviews, JMulTi, RATS, OpenDocument Spreadsheet, entre outros». Esta é a definición que se pode atopar dentro da wikipedia referente a este programa. Actualmente en openSUSE (para a versión 15.3) non está dispoñible nos repositorios polo que se pasa a describir como se leva a cabo a súa instalación a partir das fontes do mesmo.
Por convención, o símbolo # é un comentario de liña. Empregaráse o terminal do sistema (bash) e os comandos son amosados con símbolo $. En primeiro lugar, descarga o paquete de fontes (supoñendo a versión oficial 1.9.14) dende a dirección http://gretl.sourceforge.net/ (a dirección de descarga está acortada na seguinte instrucción por motivos visuais da entrada do artigo):
$ wget -O gretl-1.9.14.tar.xz http://downloads.sourceforge.net/project/gretl/gretl/1.9.14/gretl-1.9.14.tar.xz
O seguinte paso é extraer os ficheiros do paquete descargado:
$ tar xf gretl-1.9.14.tar.xz
Xerouse un directorio para Gretl que no explorador de arquivos aparecerá como unha carpeta. Moverse a ese directorio:
$ cd gretl-1.9.14
Dentro desta carpeta atopámonos co ficheiro README.packages que pode conter instruccións de como construír en diferentes distribucións Linux. Para ver o contido do mesmo:
$ more README.packages
Instalar a dependencias necesarios que pode requerir a aplicacións. Para isto é necesario ter permisos de administrador:
$ sudo zypper install gcc make gmp-devel mpfr-devel fftw3-devel lapack-devel gnuplot libxml2-devel curl-devel readline-devel gtk3-devel gtksourceview-devel json-glib-devel
Dende este punto podemos configurar, compilar a instalar Gretl. Consideremos que imos instalar esta aplicación para todos os usuarios do sistema. O script de configuración comproba que todo o software necesario para a instalación do programa está dispoñible e prepara os arquivos para a compilación. podemos engadir a opción –help para ver diversas opcións. Por exemplo, para reducir o texto de saída mentres o programa é compilado, activamos a opción –enable-quiet-build:
$ ./configure --enable-quiet-build
Supoñendo que non dependencias desaparecidas, aparecerá a seguinte mensaxe: “Now type ‘make’ to build gretl.” Agora podemos construír Gretl:
$ make
Asumindo que a compilación rematou, podes intentar executar o programa antes da súa instalación co seguinte comando:
$ gui/gretl_x11
Despois podes instalalo globalmente (para todos os usuarios do sistema) para o que necesitarás os permisos de administrador:
$ sudo make install
En OpenSUSE debemos incluír ldconfig antes de empregar Gretl:
$ sudo /sbin/ldconfig
Agora, podes arrancar Gretl dende o teu entorno de traballo nalgunha das seccións do menú (Aplicacións, Ciencia, Educación ou Econometria) ou mediante o terminal con:
$ gretl &