RStudio Server é o editor web de RStudio o cal pertence a un conxunto de ferramentas deseñadas para facilitar o traballo de programación na linguaxe R. Neste pequeno artigo amosaremos como se leva a cabo a súa instalación e configuración en CentOS 8.
Primeiro necestitaremos actualizar o noso sistema Centos e engadir funcionalidades:
dnf install epel-release dnf config-manager --set-enabled PowerTools dnf update shutdown -r now
Tras este reinicio instalamos R:
dnf install R -y
Agora instalamos o Rstudio-Server:
wget https://download2.rstudio.org/rstudio-server-rhel-1.0.136-x86_64.rpm dnf install --nogpgcheck -y rstudio-server-rhel-1.0.136-x86_64.rpm
Despois da súa instalación activámolo:
systemctl start rstudio-server.service systemctl enable rstudio-server.service systemctl status rstudio-server.service
Agora temos que abrir os portos no cortalumes do sistema:
firewall-cmd --permanent --zone=public --add-port=8787/tcp firewall-cmd --reload
Neste momento poderíamos iniciar o sistema pero moi probablemente teñamos problemas para acceder a el dado que temos activado o SELinux. Temos que deixar que permita o tráfico no sistema. Para ilo hai que pasar o SELinux a estado permisivo. Para elo comprobamos o estados do SELinux e despois modificamos as opcións:
setenforce 0
Para modificar temporalmente o seu estado podemos introducir como superusuario:
setenforce 0
Se queremos facer o cambio permanente debemos configuralo. Abrimos o arquivo /etc/selinux/config
e buscamos as opcións axeitadas:
SELINUX=permissive
Deste xeito temos o Rstudio-Server accesible na ip do noso servidor Centos 8. Podemos engadirlle máis posibilidades instalando as ferramentas de desenvolvemento de Centos 8 para futuras instalacións. Para elo executamos:
dnf -y groupinstall "Development Tools"