Unha vez teñamos instalado R podemos levar a cabo algunhas análises de datos, pero para elo é necesario instalar algúns paquetes que nos permitan esa tarefa. Aquí descríbese o proceso de instalación dun grupo de paquetes que se atopan recomendados dentro da páxina de RStudio. Para levar a cabo unha instalación con éxito é necesario instalar previamente os seguintes paquetes dentro do sistema operativo. Neste caso, as ordes son as necesarios para instalacións en sistemas Fedora, CentOS e openSuSE, así como aquelas nas que a xestión de paquetes sexa do tipo RPM. En openSuSE executamos o seguinte:

zypper in libcurl-devel unixODBC-devel libsodium-devel

Unha vez instalados os paquetes dos sistema, entramos dentro de R e creamos un obxecto co conxunto de paquetes que imos a instalar:

pqts <- c(
# Analyse & Explore
'tidyverse',
'ggplot2',
'dplyr',
'tidyr',
'purrr',
# Communicate & Interact
'shiny',
'rmarkdown',
'flexdashboard',
# Connect & Integrate
'DBI',
'odbc',
'sparklyr',
'plumber',
'reticulate',
# Model & Predict
'tensorflow',
'tidymodels'
)

Unha vez definido o grupo de paquetes podemos instalalos a travé do seguinte comando:

install.packages(pqts)

Unha vez instalados todos os paquetes teremos instalado un conxunto de paquetes que nos van permitir levar a cabo múltiples tarefas, así como levar a cabo a instalación de Shiny dentro do noso sistema operativo.

por xaizos