Despois da instalación de openSuSE, lévanse a cabo unha serie de operacións para ter un sistema operativo o máis completo posible. O primeiro, antes da actualización do sistema, é escoller un repositorio que permita unha velocidade de descarga suficiente para poder traballar. Neste caso escollemos o repositorio: ftp.gwdg.de

Para isto, modificamos as liñas de repositorios que o sistema instala por defecto, deixándoos do seguinte xeito:

Distribución
https://ftp.gwdg.de/pub/opensuse/distribution/leap/$releasever/repo/oss/
https://ftp.gwdg.de/pub/opensuse/distribution/leap/$releasever/repo/non-oss/

Actualización
https://ftp.gwdg.de/pub/opensuse/update/leap/$releasever/oss/
https://ftp.gwdg.de/pub/opensuse/update/leap/$releasever/non-oss/

Despois de actualizar os repositorios de software necesarios, levamos a cabo unha actualización do sistema instalado:

zypper patch (só para actualizar o esencial)
zypper update (para actualizar todo)

Activamos tamén os repositorios necesarios para instalar as aplicacións multimedia:

Repositorios PACKMAN e DVD

zypper addrepo -f http://packman.inode.at/suse/openSUSE_Leap_15.2/ packman
zypper addrepo -f http://opensuse-guide.org/repo/openSUSE_Leap_15.2/ dvd

Unha vez engadidas estas entradas, substituímos a entrada por defecto pola que acabamos de activar, modificando así o proveedor dos programas:

zypper dup --allow-vendor-change --from http://packman.inode.at/suse/openSUSE_Leap_15.2/

Instalar aplicacións e software

zypper in mediawriter curl unrar p7zip unzip flameshot remmina java-11-openjdk gparted

Instalar diccionarios

zypper in aspell-gl

Completar instalación Libreoffice

zypper in libreoffice-l10n-gl

Instalar arquivos multimedia

zypper install --allow-vendor-change ffmpeg-3 lame gstreamer-plugins-bad gstreamer-plugins-ugly gstreamer-plugins-ugly-orig-addon gstreamer-plugins-libav libavdevice58 libdvdcss2 vlc-codecs

Instalar wine

zypper in wine cabextract winetricks

Instalar NextCloud

zypper in nextcloud-client

Instalar STEAM

zypper in steam

Instalar LaTeX

zypper in texlive texstudio

Instalar R, RStudio e QGIS (Software Científico)

Instalamos os repositorios científicos para poder descargar o software necesario:

zypper addrepo https://download.opensuse.org/repositories/Application:/Geo/openSUSE_Leap_15.2/Application:Geo.repo
zypper addrepo https://download.opensuse.org/repositories/science/openSUSE_Leap_15.2/science.repo
zypper refresh

Unha vez engadidos os repostorios instalamos o software:

zypper in qgis gretl octave pspp
zypper in rstudio rstudio-desktop

Outras aplicacións

zypper install clementine thunderbird filezilla k3b smplayer kid3 sound-juicer dia gimp gimp-data-extras gimp-help gimp-help-es inkscape pdfmod xournal

por xaizos