Á hora da instalación de algunhas aplicacións en flatpak podemos atoparnos con que o repositorio de orixe non ten correctamente configurados as claves GPG ou ben que non están actualizadas, obtendo unha mensaxe do tipo:
error: GPG signatures found, but none are in trusted keyring"
Neste caso precederemos instalando as aplicacións evitando a clave de seguridade e activandoa cando se atope dispoñible. Para elo levaremos a cabo os seguintes comandos nunha terminal:
flatpak remote-list flatpak remote-delete winepak flatpak remote-delete --user winepak flatpak remote-add --no-gpg-verify --if-not-exists winepak https://dl.winepak.org/repo/winepak.flatpakrepo sudo flatpak install winepak tld.domain.Application
Recordar que para instalar a aplicación configurado deste xeito flatpak, é necesario instalar como superusuario. Para instalalo de xeito local é necesario configurar o arquivo ~/.local/share/flatpak/repo/config
[remote "winepak"] url=http://dl.winepak.org/repo/ xa.title=winepak gpg-verify=false gpg-verify-summary=false xa.comment=Flatpak-ing Microsoft Windows applications with Wine xa.description=Flatpak-ing Microsoft Windows applications with Wine xa.icon=http://dl.winepak.org/repo/logo.svg xa.homepage=http://winepak.org/
Outro erro que ás veces se produce na instalación de flatpak é o seguinte:
error: While opening repository /var/lib/flatpak/repo: opendir(objects): No such file or directory
Neste caso, para solucionar o problema sinxelamente hai que borrar o directorio /var/lib/flatpak/repo/ antes de levar a cabo a instalación. Cando se engade un repositorio, as carpetas e arquivos necesarios xa se crean