Un dos paquetes necesarios para a elaboración de mapas dentro do entorno R, é o paquete ‘sf’. Dito paquete ten unha serie de compoñentes adicionais que é necesario ter preinstalados para poder levar a cabo a súa compilación. Como xa puxemos noutra entrada, é necesarioo paquete gdal. Neste caso imos especificar o necesario para a súa compìlación dentro dun entorno Debian.
Para a instalación do paquete gdal, é necesario instalar os seguintes paquetes:
apt-get install libgdal-dev
Despois da instalación deste paquete, é posible executar a instalación do paquete ‘sf’ dentro dun entorno Debian. Se necestiamos instalar tamén o paquete ‘mapview’, entón son necesarios varios paquetes adicionais:
Fontconfig freetype2
- deb: libfontconfig1-dev (Debian, Ubuntu, etc)
- rpm: fontconfig-devel (Fedora, EPEL)
Cairo ou Freetype2:
- deb: libcairo2-dev (Debian, Ubuntu)
- rpm: cairo-devel (Fedora, CentOS, RHEL)