Á hora de administrar un sistema sempre é útil dispoñer dunha ferramenta que permita centralizar o traballo. Por este motivo neste pequeno artigo explícase a instalación de «webmin» ferramenta de configuración de sistemas accesible vía web para sistemas Unix, como GNU/Linux e OpenSolaris. Está dispoñible a través da web:

http://www.webmin.com/

A versión dispoñible máis actualizada é a 1.941. Para a súa descarga:

wget https://sourceforge.net/projects/webadmin/files/webmin/1.941/webmin-1.941-1.noarch.rpm

Unha vez descargado procedemos á súa instalación no sistema Fedora:

sudo dnf localinstall webmin-1.941-1.noarch.rpm

Unha vez instalado xa podemos administrar o noso sistema dende esta aplicación web. Recordar que esta aplicación necesita permisos de administrador polo que pedirá permisos para o usuario root. Para lograr un contrasinal para root, se aínda non está dispñible, é necesario executar nunha terminal:

sudo passwd

Para acceder ao panel de control, dentro dun explorador web introdúcese o enlace seguinte:

https://localhost:10000/

por xaizos