GDAL é unha librería para traballar con capas e vectores xeoespaciais de datos. Como librería podemola empregar dentro da linguaxe R, pero durante a súa instalación dentro dun sistema Fedora, pode aparecer un erro do seguinte xeito:

configure: error: gdal-config not found or not executable.
ERROR: configuration failed for package ‘rgdal’

Para resolver este problema é necesario instalar dentro do sistema Fedora unha serie de paquetes que nos axudarán á instalación de dita librería:

sudo dnf install gdal gdal-devel gdal-libs proj proj-devel proj-epsg proj-nad geos-devel

Coa instalación destes paquetes tanto a librería rgdal como a sf, instaláranse sen dificultade. Un problema engadido que se pode presentar é a non correcta compilación polo motivo da falta de librerias. Para solucionar isto é probable que sexa necesario instalar o seguinte:

sudo dnf install udunits2-devel

Coa versión Fedora 32 tamén é necesario instalar outro paquete para despois reiniciar sistema para actualizar as librerias.

sudo dnf install sqlite-devel

por xaizos