Cando se leva a cabo un documento en LaTeX, podemos modificar o tipo de letra a empregar. Neste caso decidímonos polo tipo de letra arial no texto. Para elo cargamos o paquete uarial:

\usepackage[T1]{fontenc}
\usepackage[scaled]{uarial}
\renewcommand*\familydefault{\sfdefault}

O problema está en que este tipo de letra non é libre, polo que a súa compilación dará erro do tipo: «LaTeX Error: File `uarial.sty’ not found». O que debemos levar a cabo é a instalación dos tipo de letra non libres que queremos empregar. Para levar a cabo isto, temos que executar os seguintes comandos:

wget -q https://www.tug.org/fonts/getnonfreefonts/install-getnonfreefonts
sudo texlua ./install-getnonfreefonts
sudo getnonfreefonts --sys -a

Para actualizar o mapa de fontes dentro do sistema, teremos que executar os seguintes comandos:

sudo mktexlsr
sudo updmap -sys

por xaizos