Antes de instalar, debemos ter en conta a versión de Eclipse que é compatible con R para poder traballar, dado que o paquete de R que fai posible a conexión con Eclipse non está dispoñible en todas as versións do mesmo. Unha vez instalado Eclipse, entramos na sección de mercado «Help -> Eclipse Marketplace…» e nesta sección arrastramos o botón de «Install» que atoparemos na sección de descargas da seguinte páxina:

https://projects.eclipse.org/projects/science.statet

Unha vez que teñamos o repositorio engadido, instalamos o necesario e Eclipse para poder traballar con R. Concretamente debemos buscar «StatET for R» e instalar todo o que necesitemos.

Unha vez teñamos instalado «StatET for R» en Eclipse, debemos instalar o paquete «rj» dentro de R para poder comunicar un co outro. Para elo, debemos executar o seguinte comando, descritas dentro do proxecto «RJSrv for GNU R» dispoñible en GitHub:

https://gitlab.com/walware/de.walware.rj-server.gr

https://gitlab.com/walware/de.walware.rj-server.gr/-/wikis/Installation

install.packages(c("rj", "rj.gd"), repos="https://download.walware.de/rj-4.0")

Unha vez instalado o paquete debemos configurar Eclipse para poder traballar con R a través de «StatET fo R». Dentro de Eclipse seguimos a seguinte ruta: «Window -> Preferences -> R [StatET] -> Run/Debug -> R Environments» e xeramos unha configuración nova. Xeralmente coa opción automática chegaría, pero no caso de Linux é necesario establecer as «site-libraries» que R xera na nosa carpeta de usuario para que lea o paquete «rj»:

  • R_LIBS_USER: ${user_home}/R/x86_64-redhat-linux-gnu-library/3.6
  • R_LIBS_SITE: ${user_home}/R/x86_64-redhat-linux-gnu-library/3.6

Xerado isto, temos que crear un executable. Para elo «Run -> Run configurations… -> R Console» e xeramos unha configuración. Dámoslle un nome e teremos o Eclipse configurado para traballar con R. Agora, cada vez que queramos levar a cabo un proxecto en R, dentro dun entorno de StatET, «Run -> Run configurations… -> R Console -> Run» coa configuración de R que desexemos.

por xaizos