Ás veces é necesario levar a cabo a compilación dun núcleo de Linux propio. Neste caso imos levar a cabo a compilación dun núcleo en Fedora e á súa instalación no sistema. O primeiro que imos a levar a cabo e a descarga do núcleo que desexamos. No noso caso a versión estable do mesmo nestas datas: 5.6.3

https://www.kernel.org/

Unha vez descargado o núcleo debemos descomprimilo e configuralo. Para ilo é recomendable empregar o directorio persoal, así eliminamos problemas de permisos de escritura. Antes de levar a cabo a compilación debemos instalar os programas necesarios para levar a cabo o proceso:

sudo dnf install gcc flex make bison openssl-devel elfutils-libelf-devel qt-devel libXi-devel gcc-c++

Neste caso xa instalamos o necesario para poder editar o núcleo coas librerías Qt. Unha vez descomprimido o núcleo levamos a cabo a configuración do mesmo:

make xconfig

Unha vez adaptado o núcleo ás nosas necesidades levamos a cabo a compilación do mesmo:

make

Para levar a cabo a instalación do núcleo, a mellor opción é permiter que o xesto de paquetes de Fedora se faga cargo do mesmo. Para iso, primeiro hai que transformar o núcleo compilado nun paquete RPM para a súa posterior instalación:

make binrpm-pkg

Este último paso xera un paquete que se situará no directorio ~/rpmbuild/RPMS/x86_64 e para a súa instalación só temos que executar:

sudo dnf install --nogpgcheck ~/rpmbuild/RPMS/x86_64/kernel-5.6.3-1.x86_64.rpm

Finalmente, debemos actualizar o GRUB do noso sistema:

sudo grub2-mkconfig -o /boot/efi/EFI/fedora/grub.cfg

por xaizos