Para levar a cabo a importación dos datos procedentes dun CSV nunha táboa dun servidor de base de datos en PostgreSQL, primeiro é necesario xerar unha táboa:

CREATE TABLE ocupacion.distribucion (
	ANO VARCHAR(12),
	MES VARCHAR(12),
	RESIDENCIA VARCHAR(50),
	PAIS VARCHAR(12),
	CCAA VARCHAR(50),
	PROVINCIA VARCHAR(50),
	VARIABLE VARCHAR(50),
	TIPO VARCHAR(12),
	VALOR VARCHAR(12),
	ENQUISA VARCHAR(12)
);

Ter en conta que cando se leva a cabo a importación, o comando COPY entende o CSV coma un texto, e consecuentemente as definicións dentro da base de datos debe ser como VARCHAR. Aínda non atopei como lograr unha importación como tipo de dato REAL. En todo caso, posteriormente para poder traballar, só hai que empregar o comando CAST.

Posteriormente, temos que ingresar como usuario posgres dende a liña de comandos:

su postgres
psql -U usuario basededatos

Posteriormente levamos a cabo a importación dos datos a través do comando COPY:

COPY ocupacion.distribucion from '/ruta/distribucion.csv' DELIMITERS ';' CSV;

por xaizos

Deja una respuesta